Dende este apartado queremos lebrar a todos aqueles equipos que, dunha forma ou doutra, deixaron pegada na sinxela historia dun humilde Club de pobo como é a S.D. Villestro, ben sexa pola súa presenza inicial ou polo acadado no terreo de xogo.
TEMPADA 1983-84
Primeiro equipo sénior oficial. Con el comezou a historia do Club
TEMPADA 1986-87
Primeiro equipo infantil do Club. Ademáis foi o primeiro en acadar títulos: Campión de Liga; Campión de Copa; Trofeo á Deportividade
TEMPADA 1987-88
Primeiro equipo xuvenil da S.D. Villestro
TEMPADA 1996-97
Primeiro equipo feminino da S.D. Villestro que competiría na modalidade de fútbol sala
TEMPADA 1998-99
Equipo alevín que se proclamaría Subcampión de liga de fútbol-7, o que lle deu acceso a disputar a Fase Provincial. Caería eliminado en primeira rolda contra o San Pedro de Ferrol
TEMPADA 1999-2000
Equipo infantil que se proclamou Subcampión de liga e Subcampión de Copa
TEMPADA 2000-2001
Equipo sénior que se proclamaría Campión de Liga da Terceira Rexional e acadaría o Ascenso de categoría á 2ª Rexional
Equipo xuvenil que se proclamou Subcampión de Liga e Campión de Copa
TEMPADA 2002-2003
Equipo alevín de fútbol-7 que se proclamaría Subcampión de Liga.
Equipo xuvenil que se proclamou Campión de Liga, que deu pé a disputar a Fase de Ascenso a Liga Galega, eliminando en primeira rolda ó Bergantiños C.F.; e sendo eliminado en segunda rolda polo Montañeros. Tamén se proclamou nesta mesma tempada Campión de Copa
TEMPADA 2003-2004
Equipo infantil que se proclamaría Subcampión de Liga, o que conlevou ó Ascenso á 1ª Autonómica. Neste mesmo ano proclamouse tamén Campión de Copa.
Equipo cadete que se proclamou Subcampión de Copa.
Equipo xuvenil que se proclamou Campión de Liga, que deu pé a volver disputar a Fase de Ascenso a Liga Galega, caendo en primeira rolda desta xeira ante o Foz. Tamén se proclamou nesta mesma tempada Campión de Copa
TEMPADA 2004-2005
Equipo infantil que se proclamaría Subcampión de Liga, o que o levou a disputar a Fase de Ascenso a Liga Galega, quedando eliminado en primeira rolda polo Atl. Arteixo.
TEMPADA 2005-2006
Equipo infantil que se proclamaría Subcampión de Liga, o que o levou a disputar a Fase de Ascenso a Liga Galega, quedando eliminado en primeira rolda polo Comercial de Lugo. Nesa mesma tempada proclamarianse Subcampións de Copa.
Equipo xuvenil que acadou o Trofeo á Deportividade.
TEMPADA 2006-2007
Equipo infantil que se proclamaría de novo Subcampión de Liga, o que o levou a volver a disputar a Fase de Ascenso a Liga Galega, logrando eliminar en primeira rolda ó Narón B.P.; e caendo eliminado na segunda rolda polo Olímpico de Rutis.
Equipo Cadete que se proclamou Campión de Liga, acadando o Ascenso de categoría á 1ª Autonómica.
Equipo Xuvenil que se proclamou Campión de Liga, acadando o Ascenso de categoría á 1ª Autonómica. Nesa mesma Tempada acadaría o Trofeo á Deportividade.
TEMPADA 2007-2008
Equipo Cadete que se proclamaría Campión de Liga, o que o disputar a Fase de Ascenso a Liga Galega, logrando eliminar en primeira rolda ó Compañía de María da Coruña; e caendo eliminado na segunda rolda ante o Noia C.F. Este mesma ano tamén recibe o Trofeo á Deportividade.
Esta mesma tempada o xogador infantil Adrián Conde Miramontes é premiado co Trofeo á Deportividade.
TEMPADA 2008-2009
Equipo Infantil que se proclamou Subcampión de Copa.
TEMPADA 2010-2011
Equipo Sénior que logrou o Título de Liga da 2ª Autonómica, o que o levaou ó Ascenso de categoría á 1ª Autonómica.
TEMPADA 2011-2012
Primeiro equipo sénior masculino que participou na 1ª Autonómica. Ademáis, nesta tempada proclamariase Campión da Copa do Sar, por primeira vez na súa historia. Tamén recibiría o Trofeo á Deportividade.
Primeiro equipo Sénior femenino de fútbol da historia do Club. No ano da súa estrea proclamouse Subcampión de Liga, acadando o Ascenso a 1ª División da Liga Galega. Esta tempada tamén se proclamaron Campioas da Copa da 2ª División Liga Galega
Equipo Cadete que se proclamaría Campión de Copa.
Equipo Benxamín de fútbol-7 que se proclamaría Campión de Liga, Campión Zonal, Campión Provincial, Subcampión galego.
TEMPADA 2012-2013
Equipo sénior masculino que se proclamou Subcampión da Copa do Sar.
Primeiro equipo Sénior femenino que competíu na 1ª División Liga Galega. Proclamouse Campión de Liga, o que deu pé a disputar a Fase de Ascenso a 2ª División Nacional, quedando Subcampión. Esta mesma tempada proclamouse Campión da Copa 1ª División da Liga Galega.
Equipo Infantil que se proclamou Campión de Copa.
Equipo Prebenxamín de fútbol-8 que se proclamaría Subcampión de Liga, Campión Zonal, Campión Provincial, Subcampión galego.
TEMPADA 2013-2014
Equipo alevín que se proclamou Campión de Liga.
Equipo Sénior femenino que se proclamou Campión da 1ª División Liga Galega, participando na Fase de Ascenso a 2ª División Nacional e quedando Subcampión, o que levou a conseguir o Ascenso a 2ª División de Fútbol Nacional. Esta mesma tempada proclamouse Campión da Copa 1ª División da Liga Galega.
TEMPADA 2014-2015
Equipo Sénior que se proclamou Campión de Liga e logrou o Ascenso de Categoría á Preferente Autonómica.
Primeiro equipo Sénior femenino, e primeiro equipo na historia do Club, que compite en unha Liga Nacional. Na 2ª División Feminina de Fútbol Nacional.
Primeiro equipo categoría Biberón da historia do Club. Na tempada da estrea proclamouse Campión de Liga.
TEMPADA 2015-2016
Primeiro equipo Sénior masculino da historia do Club que compite na Preferente Autonómica.
Equipo xuvenil que se proclamou Campión de Liga da 2ª Autonómica e acadaría o Ascenso a 1ª Autonómica.
Equipo infantil que se proclamou Subcampión de Liga da 2ª Autonómica, e acadaría o Ascenso a 1ª Autonómica.
TEMPADA 2016-2017
Equipo xuvenil que se proclamou Subcampión de Copa. Nesta mesma tempada disputaría a Fase de Ascenso a Liga Galega.
Equipo cadete que se proclamou Subcampión de Copa.
Equipo alevín que se proclamou nesta tempada Subcampión de Liga.
Equipo Benxamín que acadaría o 3º posto na Liga e que o levou a disputar a Fase Galega polo título.
Equipo biberón que se proclamaría Campión na Fase de Grupos e na disputa polo título remataría como Subcampión de Liga.
TEMPADA 2017-2018
Equipo feminino que se proclamou Subcampión de Liga. Disputaría a Fase de Ascenso a 1ª Galega proclamándose Campión. Ascenso a 1ª División Galega de fútbol Feminino.
Equipo xuvenil que se proclamou Campión de Copa.
Equipo cadete que se proclamou Campión de Copa. Este mesmo ano disputaría a Fase de Ascenso a Liga Galega
Equipo infantil que se proclamou nesta tempada Subcampión de Liga, o que lle valeu o ascenso directo a 1ª Autonómica Infantil.
Equipo alevín C que se proclamaría Subcampión de Liga.
Equipo prebenxamín A que se proclamou Campión de Liga, o que o levou a participar na Fase Provincial de Campións acadando o 3º posto.