Cada 15 de Agosto a Sociedade Deportiva Villestro rinde homenaxe ó que fora xogador do Club dende idades máis nova, Sergio Lemos Collazo, fatidicamente falecido nun accidente de tráfico con tan só 18 anos.
Foi tal a impronta que Sergio deixo coa súa marcha, que o Club decidiu renderlle homenaxe para que non caia no esquecemento, e para agradecerlle a el e a toda a súa familia a dedicación, traballo e os momentos vividos dentro da nosa Entidade.
A data, ademais de render homenaxe e Sergio, serve para presentar de forma oficial ó primeiro equipo do Club ante a afección. Para elo, téntase traer ós mellores equipos da contorna co fin de garantizar unha gran xornada.
Equipos como o Xallas de Santa Comba, o Bertamiráns de 3ª División, o Grixoa de 3ª División, ou os xuvenis de División de Honra do Deportivo da Coruña (en 2 ocasións), a S.D. Compostela ou o Santiago de Compostela son algúns dos nomes que figurarán para sempre na historia deste Memorial.
NESTA X EDICIÓN O EQUIPO CONVIDADO SERÁ O SIGUEIRO C.F.
XI EDICIÓN DO MEMORIAL SERGIO LEMOS
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise
@colerise