Web Oficial | SDVillestro.com

BANCO DE ROUPA E BOTAS

A.S.D. Villestro da comezo a un novo proxeto dentro das actividades que desenvolve o Club. O "BANCO SOLIDARIO DE ROUPA E BOTAS".

Despois de escoitar as demandas e propostas de numerosos pais e naisá S.D. Villestro pareceulle unha magnífica idea a de crear un Banco Solidario de Roupa do Club e Botas que irá dirixido a axudar a aquelas familias con poucos recursos que dispoñan de rapaces na nosa Entidade.

Os criterios de valoración para a entrega do material do Banco de Roupa e calzado serán de total competencia dos responsables da área deportiva e directiva do Club.

 

COMO FUNCIONA O BANCO SOLIDARIO DE ROUPA E BOTAS DA S.D. VILLESTRO?.

Se a roupa do Club do voso fillo/a xa lle queda pequena, está en bo estado, non sabedes que facer con ela, e/ou desexades que se poida seguir aproveitando, podedes entregala ó Banco de Roupa e Calzado do Club.

De forma paralela, toda aquela roupa que os rapaces vaian esquecendo nos adestramentos e que nin eles nin os seus pais/nais a reclamen, permanecerá gardada nun espazo individualizado e ó remate da tempada todo o que non se reclamou pasará a formar parte do Banco de Roupa e Calzado do Club.

 

ONDE SE GARDA A ROUPA?.

O Club dispón dun espacio habilitado para a recollida de roupa e botas de fútbol donados polos pais e nais. Esta será lavada novamente e ordenada por talla e modelo para a súa correcta e sinxela doazón.

 

QUE CRITERIOS SE SEGUIRÁN PARA A ENTREGA DE ROUPA E BOTAS?.

1º) O Banco de Roupa e Botas da S.D. Villestro irá dirixido principal e prioritariamente a axudar as familias con dificultades económicas dos nenos/as que militen no Club.

Por iso, se estades con problemas económicos e non vos podesdes permitir a adquisición do material do Club, pasade polo Banco de Roupa e Botas e seguide aproveitando a roupa do Club.

2º) So de forma excepcional, se entregará material do Banco a aqueles rapaces/zas que o día de adestramento se esqueceran dalgunha prenda ou calzado na súa casa. Excepcionalmente faráselles entrega do material que necesiten para adestrar e ó remate recollerase de novo todo material para lavalo e volver a por no Banco para vosa disposición.

 

 

AGARDÁMOS A VOSA COLABORACIÓN!!!.

 

 

  • Banco de Roupa e Botas

     

  • Sociedade Deportiva Villestro

    • Dirección: Rúa Tras Igrexa nº18
      Santiago de Compostela 15896
    • E-mail: sdvillestro@yahoo.es
    • Website: www.sdvillestro.com
    • Móvil: 696173726
    • Fax: 981537818 (CSC Villestro)

    Colaboradores

    Patrocinadores