Novas

Actualidade

Ver todas →
Benvidos a nova web

Benvidos á nova web da SD Villestro

A SD Villestro estrea unha nova web dez anos despois da anterior, cun deseño renovado e novos espazos para achegar a actualidade, os equipos e a vida do club a toda a súa comunidade.

Formación

A nosa canteira

Tempada 2026-2027

  • Alevín
  • Infantil
  • Cadete
  • Xuvenil
  • Sénior
  • Veteranos
Equipos
8
Tempada
2026-2027
Categorías
6
Explorar equipos
1983

Historia

Historia

O fútbol na parroquia O berce do actual Villestro retraese ata a década do 1930, anos no que veciños da parroquia se xuntaban nos prados e eiras para xogar ó deporte do balompé ata a chegada da Guerra Civil, coa que moi...

Coñece a nosa historia

Comunidade

Eventos e proxectos

Ver todos →

Memorial

MEMORIAL SUSO CONDE - VI EDICIÓN

A S.D. Villestro celebra a VI edición do Memorial Suso Conde, unha xornada de fútbol e lembranza dedicada a manter viva a memoria e o legado do histórico presidente do Club.

Memorial

MEMORIAL SERGIO LEMOS

Cada 15 de Agosto a Sociedade Deportiva Villestro rinde homenaxe ó que fora xogador do Club dende idades máis nova, Sergio Lemos Collazo, fatidicamente falecido nun accidente de tráfico con tan só 18 anos. Foi tal a impronta que Sergio deixo coa súa marcha, que o Club decidiu renderlle homenaxe para que non caia no esquecemento, e para agradecerlle a el e a toda a súa familia a dedicación, traballo e os momentos vividos dentro da nosa Entidade. A data, ademais de render homenaxe e Sergio, serve para presentar de forma oficial ó primeiro equipo do Club ante a afección. Para elo, téntase traer ós mellores equipos da contorna co fin de garantizar unha gran xornada. Equipos como o Xallas de Santa Comba, o Bertamiráns de 3ª División, o Grixoa de 3ª División, ou os xuvenis de División de Honra do Deportivo da Coruña (en 2 ocasións), a S.D. Compostela ou o Santiago de Compostela son algúns dos nomes que figurarán para sempre na historia deste Memorial. NESTA X EDICIÓN O EQUIPO CONVIDADO SERÁ O SIGUEIRO C.F. XI EDICIÓN DO MEMORIAL SERGIO LEMOS

Evento

CEA DE NADAL

A data do Nadal é sempre especial para todos e, moito máis para as familias que confoman a Sociedade Deportiva Villestro. A xa tradicional Cea de Nadal comezou a facerse grazas á vontade dun grupo de pais e nais que decidiron levar adiante a súa organización. O éxito da primeira edición, que celebrou un xantar, fixo que se prolongase no tempo a súa celebración. Con motivo do 25 aniversario do Club a organización decidiu celebrar unha Gala especial, polo que o xantar pasou a Cea. O éxito da mesma e a emotividade do acto conlevou a que se continuase coa celebracíon da Cea de Nadal ata a actualidade. A Cea de Nadal, actualmente organizado pola Directiva da Entidade, supón un importante evento para o Club, xuntando para a mesma máis de 300 persoas entre xogadores, adestradores, socios e familiares. Nela sorteanse agasallos e repártense premios, grazas á xenerosa aportación dos nosos patrocinadores e amigos, emítense videos e disfrutase dunha gran xornada en familia, rematando todo con actuacións musicais. Para a próxima Cea de Nadal, incorporarase máis información en este apartado. XA TEMOS DATA PARA O XANTAR DE NADAL DO ANO 2019/em>. Será o VENRES 6 de Decembro, ás 14:00 h. no Restaurante "LOS ROBLES" (Cacheiras-Teo). Volverá haber sorteo de agasallos para os máis pequenos e para os maiores, música, baile..., e máis sorpresas.

Participa

No campo

Sorteos

Sorteos do club

Participa e segue os resultados. Os sorteos en directo sincronízanse na pantalla do campo.

Ver sorteos

Promocións

Ruleta e códigos

Códigos de participación (impresos, QR ou rasca). A ruleta decide o resultado no servidor.

Ver promocións