Web Oficial | SDVillestro.com

TALLERES DE PSICOPEDAGOXÍA DEPORTIVA

A SDVillestro inicia este pequeno proxecto que tentará tamén focalizarse como un recurso de apoio máis ao labor dos adestradores que configuran o Corpo Técnico do club máis os seus Equipos. Preténdese, entre outros obxectivos formativos e tamén de ámbito deportivo e institucional, iniciar o establecemento dunha Rede Psicosocial favorable, solidaria e corresponsable e abrir novas canles de comunicación e diálogo proporcionando momentos e espazos (in)formativos dende un enfoque participativo co obxecto de difundir, debatir, afrontar e compartir experiencias de maneira coordinada sobre aspectos relativos á Formación e Educación dentro do ámbito deportivo que axuden a optimizar os procesos formativos de ensiñanza-aprendizaxe implementados dende o club. A finais deste mes de setembro tamén darán comezo, de forma programada e periódica, os talleres, dinámicas e reunións dirixidas ao Corpo Técnico do club. Iniciar un proxecto comunitario, por pequeno que sexa, sempre é complexo... pero ilusionante e non deixaremos de intentalo. A programación anual da Área de Psicopedagoxía Deportiva do club que se desenvolverá mensualmente durante durante toda a tempada versando sobre diferentes temáticas de interese psicosocial e educativo, propostas dende o club, ou ben solicitadas e requiridas dende as familias, as verdadeiras protagonistas do programa

  • Taaller Psicopedagoxía 1

     

    A persoa encargada de dirixir e organizar estes talleres é o profesor D. Fernando Capeáns Pazos.

    - Diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela
    - Licenciado en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela
    - Master en Psicología del Deporte & Coaching Deportivo pola Unjiversidad Europea Miguel de Cervantes.

     

  • Taller Psicopedagoxía Fernando Capeans

    Todo un experto na materia que axudará a uns e outros a canalizar os impulsos na dirección axeitada.

     

    TALLER COS ADESTRADORES.

    Despois dunha xuntanza de inicio de tempada, o xoves 11 de outubro, os adestradores do club volveronse a reunir co coordinador (Marcos Conde) e psicopedagogo do club (Fernando Capeáns) para facer balance destes primeiros meses de competicion (problemáticas do adestrador, dúbidas, posta en común, suxestións...), e seguir coa aposta de implementar progresivamente e desenvolver unha dinámica de traballo transversal e colaborativo do Corpo Técnico. Reunión proveitosa que o club irá repetindo ao longo da tempada.

    O proxecto desta tempada é ilusionante. O Club tratará de ir introducindo e facilitando aos protagonistas do pentágono deportivo recursos, dinámicas, técnicas e métodos que favorezcan a optimización dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, subindo un banzo máis nas relacións grupais e proxectándoses dende unha práctica de cooperación cara un enfoque e entorno superior de colaboración transversal para focalizar esforzos, experiencias, coñecementos, formación...sobre os procesos. Será moi complicado, difícil, pero irese construindo lentamente. Haberá momentos que se terá a "falsa sensación" de que non se está avanzando -cando verdaderamente seguro que xa se cumpriron múltiples obxcetivos.

     

  • Taller Psicopedagoxía Adestradores 1
  • Taller Psicopedagoxía Adestradores 2

     

    SEGUNDO TALLER COS PAIS/NAIS/TITORES.

    Neste segundo taller, celebrado o luns 22 e o luns 29 de outubro, continuouse a tratar e a reflexionar sobre temáticas e aspectos relevantes e de importancia que marcan e inciden directamente no desenvolvemento progresivo e no proceso de formación integral dos integrantes dos nosos Equipos dentro do marco deportivo en todas as categorías e seccións deportivas do club, abordando variables con repercusións persoais e sociais, cunha perspectiva e enfoque metodolóxico que propón de base a participación e o traballo colaborativo entre todos os implicados na educación e formación dos rapaces. Tentamos crear espazo de encontro eficaz e productivo que acolla as relacións verticais e transversais do club e recolla aportacións baseadas na experiencia, estudios e investigacións, formación e coñecementos.

     

    TALLER CO EQUIPO ALEVÍN A.

    O equipo Alevín A da SD VILLESTRO, co seu adestrador José Ramón Vieito, participou o martes 4 de decembro nunha dinámica de grupo para reflexionar, debatir e compartir opinións sobre as implicacións do Traballo en Equipo.

     

  • Taller Alevin A 1
  • Taller Alevin A 2
  • Taller Alevin A 3
  • Taller Alevin A 4
  • Taller Alevin A 5
  • Taller Alevin A 6
  • Taller Alevin A 7

     

    TALLER CO EQUIPO CADETE.

    O equipo Cadete A da SD VILLESTRO, co seu adestrador Daniel Calvo, participou o venres 7 de decembro nun novo taller dentro do programa da Área de Psicopedagoxía Deportiva da SDV dedicado á análise e enfrontamento de situacións de partido. Conversación progresiva individual, de parellas, por grupos e de Equipo para identificar variables que desestabilizan ou harmonizan esforzos de Equipo. Os xogadores recibiron tamén, da man do seu adestrador, unha "tip sheet" sobre alimentación e descanso.

    Os rapaces traballaron fantástico!!. Sairon aspectos moi interesantes e potentes sobre os que se continuá traballando. Esa é a idea: conversar, entenderse e activarse. Xenial!!!.

     

  • Taller Cadete 1
  • Taller Cadete 2
  • Taller Cadete 3

     

    TALLER CO EQUIPO FEMININO.

    O xoves 13 de decembro comezouses un novo programa formativo na SD VILLESTRO e, como punto de partida, as xogadoras do Club de categoría Alevín (Xiana e Daniela) e Infantil (Iria, Laura, Marta, Antía e Lía), participaron no adestramento co primeiro Equipo Femenino da SDV, da man dos seus técnicos Tino Arce e Vanesa Creo, máis das súas xogadoras e titoras Eva Santamaría, Lidia Martínez, Salomé Bermúdez e Aurora Alvarellos. "Con K de KoneKtadAs" é un programa de Titoría e Mentoría entre Iguais na Sección de Fútbol Feminino do Club, co obxectivo xeral de iniciar, e promocionar gradualmente, o establecemento de relacións eficaces e de apoio entre as xogadoras do Club, que favorezan o intercambio de experiencias persoais, información, axuda na toma de decisións ou asesoramento, dentro dun contexto de ensinanza e aprendizaxe deportivo baseado nas Metodoloxías Activas, o Traballo Cooperativo e a Educación Inclusiva en sentido amplo mediante o establecemento de relacións asimétricas con obxectivos comúns e compartidos. Será un pequeno programa con propostas, actividades e sesións que construirán, pouco a pouco, as propias xogadoras e titoras do Club ao longo da tempada. Elas son as verdadeiras protagonistas. UN EQUIPO DE PERSOAS, ADESTRADORES, RAPAZAS E XOGADORAS EXTRAORDINARIAS FACENDO COUSAS EXTRAORDINARIAS!!.

     

  • Taller Feminino 1
  • Taller Feminino 2
  • Taller Feminino 3
  • Taller Feminino 4
  • Taller Feminino 5
  • Taller Feminino 6
  • Taller Feminino 7
  • Taller Feminino 8
  • Taller Feminino 9

     

    TALLER CO EQUIPO INFANTIL B.

    O luns 13 de decembro o EQUIPO Infantil B da SD Villestro, co seu técnico José Manuel Lueiro "Manu", participou nunha sesión de adestramento diferente co obxectivo xeral de reflexionar, intercambiar e compartir impresións sobre as implicacións do Traballo en Equipo. Como non podía ser doutro xeito, dun grupo de rapaces/as e xogador@s fantástic@s saíron achegas fantásticas compartidas por tod@s. Conseguiron encher todo un campo con palabras, ideas e mensaxes poderosas!! Seguiremos a darlle máis voltas rapaces. Parabéns a tod@s!!. Hai Reto.....!!.

     

  • Taller Infantil B 1

     

     

     

  • Sociedade Deportiva Villestro

    • Dirección: Rúa Tras Igrexa nº18
      Santiago de Compostela 15896
    • E-mail: sdvillestro@yahoo.es E-mail: sdvillestro@sdvillestro.com
    • Website: www.sdvillestro.com
    • Móvil: 696173726
    • Fax: 981537818 (CSC Villestro)

    Colaboradores

    Patrocinadores